RGPD - Cookies
_agenda Agenda

As promesas do piano, xuntas en Caixanova

Chegou o momento da verdade. Os gañadores do XII Concurso Peninsular de Piano Real Club Náutco para novos intérpretes terán o seu primeiro concerto conxunto a partir das 20 horas no Centro Cultural Caixanova. Un espectáculo dividido en dúas partes: na primeira tocarán os premiados infantís (Ema Lecomte, Sofía Haselgruber e Víctor Núñez) e o premiado xuvenil (Vasco Silva); xa na segunda será a quenda do gañador senior Rafael Gómez, que estará acompañado da Orquestra Vigo 430 dirixida por Alejando Garrido.

Pero, ademais de participar no concerto, os gañadores recibirán premios en metálico e gravarán un disco. Será o colofón a un certame que ten como obxectivo difundir a cultura musical e apoiar o talento e a creatividade dos novos pianistas promocionando as súas carreiras artísticas.

También te puede interesar