Agenda Cultura

Os ollos máis indiscretos poderán ver como crear arte

Quince días de creación á vista de todos. Cinco artistas executarán as súas obras no parque de Castrelos do 21 de xuño ao 4 de xullo ao aire libre para que todos os cidadáns poidan contemplar o proceso creativo. Trátase do proxecto ‘Artistas na rúa, 3+2’, enmarcado na ‘Cidade dos soños’, no que participarán 3 artistas galegos e 2 portugueses: Álvaro de la Vega, Elena Gómez, Manuel Ferreiro, Rute Rosas e Paulo Neves.

As obras pasarán a formar parte dos xardíns do pazo Quiñones de León. Serán cinco obras distintas que pasarán a ser propiedade do Concello e con particularidades: ‘Camiño ao bosque’, con pedra e conglomerado asfáltico; ‘Construcción’, con formigón e mortero; ‘Libertad’, con granito rosa do Porriño e diorita; ‘Anxo’, con mármore portugués; e ‘Camiñando’ con terra, céspede e pletina de ferro.

Ademais, para rematar a actividade, o 8 de xullo (20 horas) o auditorio do Marco acollerá unha mesa redonda en torno ao diálogo da escultura e a natureza que contará coa participación dos cinco artistas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.