Vigo al minuto

A curuxa terá os ollos ben abertos para ver que pasa na Madroa

CuruxaO alcalde inaugurou hoxe Nocturama, unha nova instalación de VigoZoo que permite aos visitantes observar a especies nocturnas. O novo recinto simula a oscuridade durante o día, para que aqueles que visiten VigoZoo poidan observar e coñecer os «hábitos e comportamentos nocturnos» destes animais.

Caballero apuntou que o investimento realizado no Nocturama ascende a 100.000 €, sen incluir a man de obra, cinco traballadores procedentes dos obradoiros de emprego.

Ante os medios de comunicación, o alcalde recordou o «investimento moi importante» realizado no zoolóxico vigués polo actual goberno municipal nos últimos tres anos, un recinto que «non se sostiña» por entón, «certamente deficiente» e cos animais «en mala situación» e lembrou que o de Vigo é o único zoolóxico de Galicia e que está financiado “exclusivamente” con cartos do Concello.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.