Destacados Vigo al minuto

O Concello gástase mañán 9.889 € para decidir que ten que aforrar

Pleno Concello de Vigo/Tresyuno Comunicación1,2 millóns esa será a cantidade que aforrará do Concello este ano coa aplicación do Real Decreto contra o déficit público, que contempla unha reducción media do 5% nos salarios dos funcionarios. A medida será aprobada nun Pleno convocado para máñán que, curiosamente, terá un custo de 9.889 €, os 341 € que percibe cada un dos concelleiros por asistir ao mesmo e que se sumarán aosoutros 341 € que cobrarán polo Pleno deste mes, o que significa que os ediles empezarán as vacacións con 682 € máis, e o Concello gastará este mes 19.778 € (3,3 millones de las desaparecidas pesetas) en reunir á Corporación dous veces en quince días.

O Pleno abordará a modificación das retribucións dos empregados públicos do Concello -cunha rebaixa media e progresiva do 5%- e tamén a rebaixa nun 15% nos soldos do alcalde e dos concelleiros dos tres grupos políticos con representación municipal.

Segundo detallou o alcalde  aos medios de comunicación, o aforro de 1.243.000 € deste ano desglósase do seguinte xeito: 1.124.000 € procedente dos preto de 1.500 funcionarios, o que supón unha rebaixa media de 53 € ao mes, 96.000 € dos cargos electos, o que implica que os nosos concelleiros perden 236 € mensuais e 23.000 € do persoal eventual, asesores e cargos de libre designación, que deixan de cobrar uns 82 € na súas nóminas.

También te puede interesar