Vigo al minuto

Benquerido Manolo: qué tal se quitas xa as deputacións?

Caballero y Louzán/Tresyuno ComunicaciónAbel Caballero, anunciou hoxe o envío dunha carta ao vicepresidente do Goberno de España e ministro de Política Territorial, Manuel Chaves, na que lle solicita a desaparición das deputacións do ámbito das grandes cidades.

O alcalde informou en rolda de prensa desta iniciativa para “seguir contribuindo ás medidas de aforro” plantexadas polo Goberno de España, unha proposta formal que contemplaría que os grandes concellos asumirían as competencias e os investimentos das entidades provinciais atendendo á poboación.

Esta opción implicaría unha maior eficiencia na xestión dos recursos e non tería custe adicional, xa que a propia estrutura dos concellos o absorbería. Caballero, que ten dous compañeros de partido ao fronte das deputacións de A Coruña, Salvador Fernández Moreda, e Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, estima que suporía un aforro para as arcas do estado ao eliminar estrutura das deputacións e evitar duplicidade administrativa.

Segundo recalcou, o orzamento da Deputación de Pontevedra deste ano ascende a 153 millóns de euros e España suma na actualidade preto de medio centenar de organismos provinciais, polo que a proposta é unha “contribución ao aforro e á mellora do funcionamento da administración”.

É o momento de tomar esta decisión“, aseverou o alcalde, xa que o Goberno de España está a adoptar “decisións valentes”. Caballero apuntou tamén que o sistema administrativo español leva 30 anos “arrastrando este problema“.

También te puede interesar