Comarcas Vigo al minuto

Os alumnos de Cogami farán prácticas en 5 empresas do Baixo Miño

As 15 persoas con discapacidade que participaron nun curso de formación de Xestión de Stocks, Almacén e Manexo de Caixa que impartíu a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) durante tres meses xa teñen onde por en práctica todo o aprendido. A entidade firmou un convenio coas empresas Naturhouse, Lagar da Cervera e Adegas Val Miñor no Baixo Miño, Los Tejanos en Baiona e BSH Electrodomésticos en Vigo.

A finalidade destes cursos é que as persoas con discapacidade que están en situación de paro laboral poidan formarse e conseguir canto antes un emprego. Entre os participantes nestes cursos había xente procedente do Baixo Miño, do Val Miñor, de Salvaterra e de Redondela.

También te puede interesar