Vigo al minuto

A semán que ven empezan obras noutras 13 rúas

Humanizaciones Vigo/Tresyuno ComunicaciónO alcalde , anunciou para o próximo 15 de xuño o inicio dos traballos de humanización de trece rúas da cidade e dúas escolas infantís cun investimento total de 15,2 millóns de euros.Segundo detallou Caballero, as melloras que viron hoxe a luz verde son a humanización de Bolivia -entre Gran Vía e Panamá- e Padre Don Rúa (1.730.0000 €), de Tomás Alonso -ata a Curva de San Gregorio- (1.234.000 €), a de Celso Emilio Ferreiro -que inclúe a rotonda con Venezuela- (776.000 €), a de Pi y Margall (3.112.000 €), López Mora (3.572.000 €), Pizarro -entre Isabel La Católica e Urzáiz- (2.052.000 €), e as reformas de Santo Domingo, Condesa Casa Bárcena e San Salvador (1.413.000 €).

Abel Caballero explicou asemade que o goberno local tamén aprobou o plan de seguridade e saúde dos traballos de adecuación para escola infantil de sendos edificios en Tomás Alonso e Casiano Martínez, cun investimento de 255.000 € cada un. O alcalde sinalou que tras o verán comezará unha segunda tanda de humanizacións de rúas, orzamentadas nas contas municipais para 2010.

También te puede interesar