Bandera azulA Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) -entidade encargada de entregar as bandeiras azuis nos areais de España- concedeu hoxe a bandeira azul a un total de oito praias viguesas, a cifra máis elevada acadada nos últimos anos na cidade.

As oito distincións deste ano significan unha máis que as colleitadas o pasado ano -no que Vigo tamén recibira a “Distinción Temática en Salvamento, Socorrismo e Primeiros Auxilios” pola mellora e calidade destes nos areais vigueses, valorando especialmente a coordinación dos servizos e o incremento do investimento- e dúas bandeiras máis que no ano 2008.

 Deste xeito, os areais galardoados coas bandeiras azuis no termo municipal de Vigo son A Punta, Argazada, O Vao, O Tombo do Gato, Canido, Fontaíña, Rodas e Figueiras, as dous últimas nas Illas Cíes. Precisamente a distinción da praia de Figueiras supón a oitava bandeira azul de Vigo para este ano.

 A presenza dunha bandeira azul nunha praia recoñece e estimula o esforzo da entidade local por conseguir que a mesma cumpra determinados criterios de legalidade, accesibilidade, sanidade, limpeza e seguridade, así como que conte cunha información e xestión ambiental adecuadas.

Socorrismo

A Concellería de Medio Ambiente decidíu asemade ampliar este ano o servizo de salvamento e socorrismo a un total de once praias, dúas máis que o pasado ano 2009. Deste xeito, os socorristas municipais estarán presentes do 15 de xuño ao 15 de setembro nas oito praias con bandeira azul e tamén en Samil, en Saiáns e en O Agro (Bouzas).

 

También te puede interesar