Galicia

A proposta do Campus do Mar vigués, xa en mans de Educación

O comisionado do Campus do Mar, Emilio Fernández.
O comisionado do Campus do Mar, Emilio Fernández.

A candidatura da Universidade de Vigo para levar adiante o proxecto do Campus do Mar xa está na recta final: hoxe chegou a mans do Ministerio de Educación os tres documetnos nos que se resume a proposta viguesa, un resumo executivo, unha memoria económica e unha memoria do proxecto con 120 páxinas que recolle unha detallada proposta para a que se precisa dispor dun orzamento de 66 millóns de euros.

Agora haberá que esperar un mes para coñecer a resolución da Comisión Técnica. No caso de pasar este primeiro corte, a Universidade terá tres meses para elaborar o proxecto definitivo. Algo que non suporá demasiado esforzo, xa que nesta primeira fase o equipo da Universidade de Vigo fixo máis do que se lle pedía. En caso de ser seleccionados, haberá que avanzar no orzamento definitivo e afondar no como, para o que se pedirá unha axuda ao ministerio de 200.000 euros para a elaboración do proxecto definitivo de conversión en Campus de Excelencia Internacional.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.