Vigo al día

Vías e Obras asegura que realizou 316 actuacións nas rúas de Vigo en tres anos

 Concellería de Vías e Obras investiu no actual mandato 2,9 millóns de euros en acondicionar e asfaltar viais de toda a cidade, prioritariamente das parroquias, cunha actuación media cada tres días. Segundo informa a concelleira Isaura Abelairas, d ende o 1 de xullo de 2007 ao 30 de abril deste ano, o departamento municipal impulsou e culminou un total de 316 accións en rúas da cidade , das que 245 realizáronse nas distintas parroquias do termo municipal e 71 no casco urbán; esta distribución territorial arroxa un balance do 78% do total no rural vigués polo 22% no centro. A práctica totalidade das actuacións acometidas por Vías e Obras supuxeron o ancheado das rúas, o acondicionamento do firme e o asfaltado do mesmo. En ocasións, as melloras incluiron a limpeza e desbroce do viel e, atendendo ao entorno no que atópase estel, o pavimentado tivo lugar en pedra.

Neste proceso de dignificación das rúas viguesas, o Concello abordou melloras en Alcabre, Beade, Bembrive, Cabral, Candeán, Castrelos, Comesaña, Coruxo, Freixeiro, Lavadores, Matamá, Navia, Oia, Saiáns, Sárdoma, Teis, Valadares e Zamáns, xunto ás do centro de Vigo.

Entorno de Manuel Álvarez

Aos 2,9 millóns de euros xa orzamentados e acometidos ata o pasado mes de abril súmanse os traballos de acondicionamento e asfaltado noutras sete rúas do entorno de Manuel Álvarez, cun investimento de 300.000 euros e actualmente en execución.

Neste momento as rúas Tixolo, Meixueiro, Bouciña, Porbelo, Coutada Nova, Camiño da Ría e Cambeses están a ser melloradas, seguindo o procedemento municipal de dotar de dignidade a todas as zonas de Vigo: centro, casco urbano, parroquias e rural. 

 

Obras Policarpo Sanz/Tresyuno Comunicación

 

También te puede interesar