Se tes a casa ateigada de cousas que xa non queres ou xa non usas, se tes o trasteiro ata arriba e non sabes que facer con todo iso, hoxe tes a túa oportunidade. A Praza do Mercado do Calvario acolle hoxe a partires das 11 horas unha nova edición Vigo-Troka, no que poderás cambiar o que non queres por aquilo que precises.

Podes traer todo o que queiras sempre que se atope en bo estado para que outras persoas o poidan aproveitar, da igual o que sexa. Unha iniciativa de economía alternativa na que o diñeiro deixa de ter presenza durante unhas horas.

También te puede interesar