_agenda Agenda

O ciclismo ponteareá recollido nun só libro

O escritor Juan Osés Navás presentará hoxe no Concello de Ponteareas (20 horas) o libro ‘Los hermanos Rodríguez Delio, tres décadas del mejor ciclismo nacional‘, no que se recolle a vida dos irmáns Rodríguez Barros, dede o comezo dunha dinastía que fixo que o ciclismo ponteareá brillara con luz propia, ata o fin da mesma, pasando polos triunfos deportivos, as anécdotas e o seu perfil humano.

No acto de presentación deste libro, editado polo servizo de publicacións da Deputación Provincial de Pontevedra, estarán presentes o presidente do organismo provincial, Rafael Louzán, o ex ciclista e director deportivo do Xacobeo Galicia, Alvaro Pino, a directora xeral de Comercio da Xunta de Galicia, María Nava Castro Domínguez, o alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, amais do propio autor do libro, Juan Osés Navás.

O acto de presentación deste libro, aberto a todos aqueles veciños e veciñas que así o desexen, rematará coa entrega dun exemplar da publicación a todos os asistentes ao acto e a actuación dun cuarteto de corda.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.