RGPD - Cookies
Comarcas

Educación volve a falar do peche da escola de San Mateo, en Ponteareas

A escola unitaria San Mateo de Ponteareas conta con alomenos 6 nenos de entre 3 e 5 anos matriculados para o curso 2010-2011, pero a Consellería de Educación xa anunciou a ANPA que a pecharán nunha reunión co inspector de educación pola baixa cifra de alumnos. O BNG levará a Pleno que o Concello se pronuncie e tome cartas no asunto para evitar o peche do centro, que leva tempo avisando de todas as deficiencias que vén sufrindo.

Os nacionalistas consideran esta decisión «inxusta e discriminatoria», xa que o mínimo legal para manter aberta unha escola está en seis alumnos, requisitos que cumpre o San Mateo. Xa o ano pasado a Consellería ameazou co peche da escola que, por estar no rural, incluso se contempla que poda afrontar situacións excepcionais un curso e nos seguintes incrementar de novo o alumnado.

También te puede interesar