Comarcas Galicia

O día que comeza pateando pode rematar facéndolle os coros a Luis Tosar

Se aínda sobrevives á voráxine de cine, estreos, alfombras vermellas e moito glamour do rural, hoxe toca rematar a troula cunha xornada maratoniana que comeza polos montes de Cans e que rematará tomando a última xunto con Rober Bodegas e a súa sesión Disco-Chimpín.

Para os que lle gusta a natureza e teñen ganas de madrugar, ás 09:30 horas o Festival de Cans ten programada a súa primeira actividade da última xornada. E será unha caminata de dúas horas facendo sendeirismo pola Ruta dos Molinos, remontando o río de Cans cara Couso, onde está o límite entre O Porriño e Ponteareas. A ruta pasa por 18 muiños, uns recén restaurados, outros a piques de caer, pola antiga boca do túnel do tranvía e outros espacios de contido emotivo para a parroquia, ademáis de por unhas paisaxes espectaculares.  Xa lle gustaría ao festival de Cannes.

Despois de dous ou tres cafés, ás 12 haberá coloquio na leira e ás 13 horas o actor Ernesto Chao deixará a súa pegada no Torreiro das Estrelas e sesión vermut coa Banda Municipal de Música. Unha pausa para comer e tras a sobremesa, ás 15:30 horas, procesión de chimpibuses amenizada por Os veraneantes.

E ás 16:15 horas comezan as proxeccións nas salas dos cortos a concurso e do Jalpón Friki. Ás 17:30 horas presentación de ‘Naturalide Silvertre’ coa actuación de Roger de Flor en el Jaliñeiro Unplugged; as 18:30 horas os arquitectos Creus e Carrasco dan a súa visión de Cans na sala multiusos e as estradas de Cans acollerán unha sesión de Rock’n’Road co concerto de Baldosa Amarilla.

Ás 19 horas será Luis Tosar o que deixe o seu nome no Torreiro das Estrelas. Despois, ás 19:30 horas, concerto de Los Chavales e, unha hora despois, retomaranse as proxeccións, Juan Lesta e Belén Montero presentarán ‘Iconoscopio’ na sala multiusos e Santos Morcegos protagonizarán unha nova sesión de rock’n’road.

Se aínda che quedan forzas, ás 21:15 horas Iván Ferreiro presenta o proxecto audiovisual ‘Picnic extraterrestre. La serie’ e ás 22 horas presentarase ‘La habitación de Felucas’ na sala multiusos e Sr. Anido actuará no Jaliñeiro Unplugged, ademais do reestreno de ‘Naipe de sangue’ no Jalpón Friki.

E tras unha emocionanteemtrega de premios no Torreiro, ás 00:00 horas Luis Tosar collerá o micro para… cantar! Será co seu grupo The Ellas, co que fixo un oco na súa apretada axenda para presentar no festival un adelanto do que será o segundo disco da banda. E non é para menos, xa que Tosar é un incondicional do festival de Cans e gañador do primeiro Pedigree, en 2004.

O fin de festa, sesión Disco-Chimpín a partir das 01:30 horas con Rober Bodegas. E ata o vindeiro ano!

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.