Cultura Destacados

En Cans ou en Cannes, da igual, o cinema fala galego

O cineasta Oliver Laxe.
O cineasta Oliver Laxe.

O cinema galego está de noraboa e por partida dobre. Cannes intenta facerlle a competencia a golpe de estrelas e alfombras vermellas ao mítico, divertido e agroglamuroso Festival de Cans, en O Porriño, pero co que non pode competir é coa calidade que hai no cinema galego. E por iso a Federación Internacional da Crítica de Cine concedeulle o premio á longametraxe ‘Todos vós sodes capitáns’, do cineasta galego Oliver Laxe, dentro da sección de realizadores do festival francés.

Para logralo tivo que gañarse aos 8 membros do xurado e conseguir superar aos máis de 2.000 traballos que se presentaron a esta categoría e da que só saíron elexidos 24. Facía moitos anos que non había unha película española neste apartado.

O compostelá Javi Camino.
O compostelá Javi Camino.

Mentres, o curmán galego de Cannes desfruta do fin de festa da sétima edición con moita música e coa entrega de premios ao mellor videoclip, un xurado no que estaba Suso Cortegoso, Yolanda Castaño e Florent Muñoz. E nesta ocasión recaeu no cineasta compostelano Javi Camino por ‘Nuestra fe en el veneno’, o seu primeiro recoñecemento en Galicia despois de 6 anos de duro traballo.  Aínda que nesta ocasión o premio tivo que compartilo con Gaspar Broullón e Matías Tarrío polo seu video ‘Grelo 66’, de Kastomá.

También te puede interesar