Destacados Vigo al minuto

A Universidade tamén mata por Tano

Salustiano Mato sucederá a Alberto Gago ao frente da Universidade.
Salustiano Mato sucederá a Alberto Gago ao frente da Universidade.

Alberto Gago xa ten sucesor para dirixir a Universidade de Vigo: será Salustiano Mato, candidato de Alternativa Universitaria, gañador das eleccións celebradas hoxe nos tres campus tras acadar o 52,6 por cento dos votos ponderados. Cunha campaña marcada pola polémica e as novas tecnoloxías, cun clube de fans en Internet que colgaban videos nos que chegou a aparecer ata unha falsa amante e co lema ‘Euxtanomato’, a imaxe e semellanza de Belén Esteban e o mundo do corazón, Mato ten como obxectivos prioritarios para esta lexislatura a financiación e o Campus do Mar.

Será o quinto reitor que pase pola Univesidade de Vigo con 2.512 votos dos 5.471 emitidos ao longo da xornada electoral no campus vigués. O 90 por cento do funcionario doutor exerceu o deu dereito a voto, unha porcentaxe lixeiramente inferior aos anteriores comicios. Tamén baixou a participación no PDI, que nesta ocasión acadou o 56 por cento e mantéñense as de alumnado e PAS cun 16 e un 75 por cento de participación, respectivamente. E, como ocorrera en anteriores citas electorais, Salustiano Mato conseguíu a confianda de todos os sectores, agás do persoal de administración e servizos, que apoiou a Nova Universidade e Jaime Cabeza.

Doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago e catedrático de Zooloxía da Universidade de Vigo, desenvolveu a súa carreira investigadora no campo das miñocas de Galicia participando en diversos proxectos de inventario e catalogación de invertebrados terrestres e publicando diferentes traballos en revistas científicas de prestixio internacional. Tras o seu paso por Estados Unidos, Mato regresou a Galicia cunha nova liña de investigación baseada no deseño de sistemas de compostaxe nos que primara un correcto desenvolvemento do proceso biolóxico fronte a criterios meramente tecnolóxicos. Ademáis, foi director xeral de I+D+i da Xunta durante o mandato do Bipartito.

O gran derrotado da xornada foi o líder de Nova Universidade, Jaime Cabeza, que acadou o 47,4 por cento dos votos ponderados. Un resultado “decepcionante” que non consigue quitarlle a sensación de que deixou o traballo ben feito. Cabeza, catedrático en Dereito do Traballo, amosou o seu total apoio a Salustiano Mato para deseñar o futuro da Universidade de Vigo.

También te puede interesar