_agenda Agenda

Tres, dous, un… Cans!

Xa falta menos para disfrutar da sétima edición do Festival de Cans, que arranca hoxe para amosar un ano máis que no rural galego hai moito talento para isto da cultura, xente divertida e animada que non lle fai ascos a cinco días de troula polas rúas da vila. E esta edición ven cargada de novidades: por primeira vez na historia do festival haberá un xurado de veciños; o público alucinará co debut como investigadores privados de Silvino, Pepe Puime e Mucha Fuentes co ‘making off’ do ano pasado… e algunha que outra sorpresa máis que terás que descubrir acudindo a Cans.

Os primeiros actos terán lugar xa esta tarde. Ás 18:30 horas na Biblioteca Municipal de O Porriño haberá ‘Cans para os pequenos’, cunha proxección de curtas para o público infantil: ‘Lelo e as estacións’ (2010), ‘O soldadiño de chumbo’ (2009), ‘A flor máis grande do mundo’ (2007) e ‘O señor dos mosquis’ (2006).

Xa ás 20 horas na Rotonda de Adroza, en Cans, inaugurarase o monumento Can de Pedra. E, ás 21 horas, no baixo do Moncho celebrarase o Día dos Veciños coa proxección de ‘Cans do futuro’, de Juanma Ledo. Ademáis, presentarase ao xurado veciñal, darase un avance do ‘making off’ e poderase desfrutar das pandereteiras de Cans e Anxo e a súa banda.

Sete anos de historia

Cans é algo máis que un festival alternativo e divertido de cortos: hai estreos de documentais e longametraxes, concurso de videoclips, coloquios con cineastas, presentacións audiovisuais, concertos, pasarrúas, desfile de chimpíns, senderismo e todo tipo de actividades pola parroquia. Durante cinco días a vila convértese no epicentro do terremoto cinematográfico mundial, con ou sen permiso do seu hermanastro francés, o Festival de Cannes, co que sempre coincide en datas. Frente a súa sofisticación e glamour na Costa Azul, Cans ofrece altas dosis de naturalidade, diversión e agroglamour.

También te puede interesar