Agenda Comarcas

Os contadores de historias tiran dos fíos en Redondela

Imaxinación e diversión farán boas migas cos títeres e monicreques que durante cinco días ateigarán as rúas de Redondela. Desde esta mesma tarde, a vila vivirá a undécima edición do ‘Festival Internacional de Títeres de Redondela. Memorial Juanjo Amoedo’, unha manifestación cultural e festiva que como cada ano encherá as rúas e prazas da cidade coas propostas de músicos, actores e titiriteiros chegados dos países máis diversos.

En total 9 espectáculos para todos os públicos en sala e 46 na rúa nos que destaca a variedade de ideas na manipulación de obxectos, monicreques de man, de luva, variñas, marotes e marionetas de fíos, monecos tradicionais de madeira e moito máis. Unha multitude de técnicas de manipulación e de xeitos de facer escenificadas por artistas de Brasil, Italia, Francia, Arxentina, Bélxica, Cataluña, Madrid e Galicia.

Por primeira vez a crise tamén se fai sentir nos títeres redondelanos, que por primeira vez en 11 anos ten que prescindir do programa de funcións para escolares. Para contrarrestar, o programa de sala e de rúa será tan ambicioso, lúdico e engaiolante coma sempre.

primeira cita terala esta noite (21 h) no auditorio do Multiusos da Xunqueira, coa compañía brasileira Contadores de Éstorias e o seu ‘Em concerto’. As funcións de sala custarán 3 euros para nenos e 5 para adultos e as entradas poderán conseguirse dúas horas antes do espectáculo na billeteira. Mañá tócalle o turno a compañía italiana Girovago e Rondella, que chegan con dúas sesións (19 e 21 horas) de ‘Mano viva’, para rapaces de máis de 10 anos.

fin de semana chegan as obras de títeres pola gorra, artistas e titiriteiros que desenvolverán o seu traballo como viñeron facendo sempre os cómicos ambulantes: pasando o cepillo ao final. Así que serán benvidas calquera moeda nos seus chapeus, puchos e boinas. Non te perdas todo o programa.

También te puede interesar