Agenda Cultura

40 anos de fotografía e arquitectura din adiós no Marco

Museum Morsbroich Leverkusen I 2008 © Candida Höfer / VG Bild-Kunst, Bonn 2010
Museum Morsbroich Leverkusen I 2008 © Candida Höfer / VG Bild-Kunst, Bonn 2010

Se che interesan ambos mundos, tes a última oportunidade de disfrutar desta exposición no Museo de Arte Contemporáneo de Vigo. A fotógrafa alemá Candida Höfer mantén por derradeira semana aberta ao público no museo a exposición ‘Projects: Done’, que ofrece unha selección dos seus traballos dos últimos 40 anos nunha montaxe feita en colaboración co estudio de arquitectura Kuehn Malvezzi no que a relación entre fotografía, arquitectura e presentación das obras convírtese no eixo central do proxecto.

A mostra, inaugurada a finais de febreiro no Marco, tivo unha excelente acollida por parte do público e da crítica, xa que se trata da primeira gran individual en España desta artista, unha das máis destacadas representantes da Escola de Düsseldorf. A selección de obras vai dende o proxecto Liverpool, realizado nos anos 60, ata traballos inéditos, como a serie Flipper [Pinball], dos anos 70, concebida como proxecto editorial, ou traballos máis recentes como as imaxes de On Kawara en coleccións privadas. Ademáis, as series ‘Turcos en Alemaña’ e ’80 imaxes’, dos 70 e 80, preséntanse como proxección de diapositivas e dobre proxección. Entre outras cousas, o Marco tamén presenta un filme sobre o catálogo, concebido como proxecto no contexto da exposición.

Tras o peche da mostra o vindeiro 23 de maio, a exposición visitará o Centro Andaluz de Arte Contemporáneo de Sevilla para terminar o seu percorrino no Belvedere de Viena.

También te puede interesar