Cultura Vigo al día

Verás o que hai este verán

VeranoO programa “Verán Xove 2010″, oferta este ano preto de 2.000 prazas, o 10% delas para rapaces e rapazas con necesidades educativas especiais. Esta proposta, que comeza xa no mes de xuño ao remate do curso escolar, ofrece 220 prazas máis que en 2009, co obxectivo de cubrir as necesidades da cidadanía e promover a conciliación da vida laboral e familiar. O prazo de inscrición é do 1 ao 10 de xuño.

‘Verán Xove 2010’inclúe novas propostas, como o Verán en Castrelos, Verán de expedición en Vicus, o obradoiro de cómics “Un mar de viñetas” e a programación de actividades na ludoteca de Coruxo. Estas propostas uniranse aos campamentos en Bouzas, Lavadores, Samil e Teis, Tempo libre na Beiramar, a Escola hípica de verán o campamento de actividades náuticas e o campamento urbano.

A proposta complétase coas actividades lúdicas que se desenvolverán nos programas Castroconcertos, Súbete ao Castro, o intercambio xuvenil europeo “Draw me a future“, nas ludotecas da Casa da Xuventude, Coia, Lavadores e O Calvario. Tamén forman parte de Verán Xove 2010 as propostas deportivas como o XI Campus Polideportivo, o X Torneo Internacional de Fútbol Base “Vgio Cup” e remo en Coruxo.

O prazo de presentación da documentación é do 1 ao 10 de xuño, na Casa da Xuventude de 9 a 13.30 e de 17 a 19.30. Ademais da ficha de inscrición é preciso presentar a fotocopia do DNI do pai, nai ou representante legal do menor, o volante de empadroamento do menor, unha foto tamaño carné do rapaz ou rapaza e unha fotocopia da tarxeta sanitaria.

También te puede interesar