Comarcas Galicia

Multitudinaria despedida do neno de 2 anos morto en Pazos de Borbén

Foto: Tresyuno Comunicación.Non faltou ningúen do pobo e de arredores a despedir ao pequecho de 2 anos que o pasado sábado morría en Pazos de Borbén despois de ser atacado por un can propiedade da familia. Desconsolados, os familiares do neno oficiaron unha misa na igrexa de Moscosos, onde o rapaz foi enterrado esta mesma mañá.

Os feitos ocorreron o pasado sábado, cando o neno atopábase xunto con dous dos seus primos de 2 e 4 anos xogando na finca dos seus avós na parroquia de Os Mosteiros. O can, un pitbull, atacou ao rapaz, enganchouno polo pescozo e causoulle numerosas feridas en cara e espalda. O neno morreu pouco despois no Hospital Xeral de Vigo, a onde fora trasladado en helicóptero. E intres despois o avó penduraba ao can.

A Garda Civil investiga agora se se cumpría a normativa de animais perigosos e se o can estaba solto ou atado tras o cercado de madeira no que estaba.

Non todos os cans valen

Mentres, as asociacións de defensa dos animais lamentan o ocorrido en Pazos de Borbén e insisten unha vez máis en que a traxedia puido verse evitado e que é imprescindible adecuar as razas dos cans ás condicións das vivendas e ao tipo de familia.

As razas declaradas perigosas soen ser animais que necesitan máis espazo, que non poden estar moito tempo sen supervisión e cun sentido da propiedade moi desenvolto que pode levar a ver ao pequeno como un competidor. Cans de caza, galgos e pastores serían as mellores razas para estar con nenos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.