Deportes Destacados

O Celta deixa que o Elche suba ao tren do ascenso

Unha boa primeira metade, un gran esforzo, un bo traballo que quedaron inutilizados por un córner mal defendido nada máis voltar do vestiario co que Molina conseguíu que o Elche enganchase o vagón de cola do tren do ascenso no último intre (Elche 1 – Celta 0). O partido comezou con moita intensidade por ambas partes que querían dalo todo ante os case 8.000 espectadores que acudiron ao Martínez Valero, conscientes do que se xogaban: o Elche decidido a dominar, a marcar, e o Celta á expectativa, concentrado na saída veloz á contra.

A primeira oportunidade foi para o equipo local aos seis minutos de comezar o encontro, pero os alacantinos non aproveitaron a entrada en solitario de Molina ante Falcón nun tiro que o porteiro céltico enviou a córner cando na grada xa estaban festexando o gol. O encontro estaba igualado, tiña ritmo, co Celta presionando na medular e intentado afogar a un Elche que tiña ganas de loitar polos primeiros postos.

No minuto 25 novo aviso para o Celta: Molina volta quedar só ante Falcón, pero os centrais célticos abortaron a oportunidade cunha gran defensa. E catro minutos despois chega a ocasión do Celta de pes de Oriol, que foi capaz de rachar o fóra de xogo pero que tirou demasiado floxo para que Willy Caballero puidera lucirse coa parada. Moitas oportunidades que se escapaban sen ter resultados e con Molina e Juli como maiores inimigos dos célticos.

Trala reanudación, varapao. No primeiro minuto, co Celta nas minchas, Molina cabeceou á saída dun córner contra a rede e tirou pola borda o bo traballo dos vigueses durante a primeira parte do partido. Un saque de esquina mal defendido que foi o prólogo dos novos intentos de Molina, pichichi de Segunda con 19 goles. Os de Eusebio conseguiron repoñerse do duro golpe e intentaron por todos os medios conseguir o empate, pero o Elche estaba demasiado cómodo coa vantaxe e apostaba polos tiros largos.

A última parte do encontro foi un constante intercambio de golpes entre os dous equipos, cun Celta ao contragolpe buscando o empate por todos os medios. E ao final non o conseguíu: o Elche leva os tres puntos e sube os chanzos precisos para loitar polo ascenso mentres que os vigueses fan equilibrios para alonxarse do fondo da táboa.

Ficha técnica

1 – Elche: Willy Caballero, Óscar Rubio, Samuel, Charpenet, Ripa, Juli, Wakaso (Perera, 79′), Acciari, Patri (Ximo Navarro, 60′), Generelo (Crespí, 85′), Molina.

0 – R.C. Celta: Fac¡lcón, Vasco, Noguerol, Túñez, Roberto Lago, Bustos, López Garai (Iago Aspas, 55′), Trashorras, Dani Abalo (Saulo, 84′), Michu, Oriol (Cellerino, 67′).

También te puede interesar