RGPD - Cookies
Galicia

Galiza non se vende chama a manifestarse hoxe, Día das Letras Galegas, contra o decreto do bilingüismo

Entende que é “un atentado á lingua, á cultura e á identidade galega” e os colectiivos integrados nesta organización rexeitan o “abandono da lingua por parte dos poderes públicos un feito que califican de «miseria intelectual».

galiza-non-se-vende‘Galiza non se vende’ fixo un chamamento para manifestarse hoxe, Día das Letras Galegas, para amosar a oposición ao decreto do plurilingüismo no ensino xa que entende que é “un atentado á lingua, á cultura e á identidade galega”. Os colectivos integrados nesta organización, 74, rexeitan o “abandono da lingua por parte dos poderes públicos” e critican que se impida a normalización do uso do galego, un feito que califican de “miseria intelectual”.Na súa opinión, o decreto amosa o total descoñecemento da realidade do país e o desprezo da clase gobernante polo galegoningún dos gobernos que que sufrimos tivo unha intención crara de facer do galego a lingua central do ensino, e ese é único camino para a súa normalización”, engaden os voceiros desta organización que invitaron aos asinantes de ‘Galiza en galego’, preto de 1.700, a saír á rúa o 17 de maio.

También te puede interesar