Comarcas Cultura

Música e arte no Día Internacional dos Museos

O Día Internacional do Museo continúa hoxe no Marco cunha xornada cargada de actividades. Xa pola mañá, de 12 a 13 horas, haberá unha nova audición e animación musical ‘Son son’ para o público en xeral e para todos os participantes nos obradoiros infantís. Ao acabar chega o momento do obradoiro para os máis pequenos ‘Sons de papel’, coa creación dun mural colectivo entre todos os asistentes trala audición. Será de 13 a 14 horas no salón de actos do Marco.

Xa pola tarde, de 17 a 20 horas, chega outro obradoiro infantil, ‘Catro paredes e un banco’, unha selección de actividades relacionadas coa fotografía, o deseño de interiores,  a construción de espazos e escenarios públicos e privados. Está pensado para nenos a partir de 3 anos sós ou acompañados de adultos.

E, por suposto, continúan as visitas guiadas á exposición ‘Candida Höfer. Projects: Done’ con percorridos na compaña dos monitores de sala ás 13, 17 e 19 horas.

También te puede interesar