_agenda Agenda

Noite de troula para festexar o noso idioma

Os mozos converten ao galego no protagonista. Esta noite (21 h) a vogalía da mocidade da Asociación Veciñal de Lavadores organiza nas instalacións da entidade un concerto a prol da lingua co gallo do Día das Letras Galegas. Para esta noite de troula e de festa están convidados tres grupos de xente moza con estilos variados para dar conta da diversidade musical que existe en galego.

Así, enriba do esceario estarán As Tarambainas, unhas mociñas pandereteiras da propia asociación coñecidas en todo o país tras os desafortunados comentarios do xurado do programa ‘Tú sí que vales’; Rebelión do inframundo, un grupo de hip hop de Ponteareas comprometido co rap galego; e O Leo i Arremecághona, un cantautor punk de Matamá que ten pasado por moitos escearios a nivel nacional. E todo de balde.

Un comezo lúdico para o programa de actividades que teñen por facer en Lavadores e que incluirán concertos, charlas, obradoiros, actuación e espectáculos diversos organizados por e para a mocidade.

También te puede interesar