_agenda Agenda

Música de conservatorio e jam session para hoxe

O grupo de metais e a banda de música do Conservatorio Profesional de Música de Tui ofrecerán un esta tarde (20 horas) un concerto no auditorio do Multiusos da Xunqueira nun acto aberto ao público e incluído ciclo de concertos de intercambio entre o conservatorio tudense e o Conservatorio de Música ‘Victor Ureña’ de Redondela que se están a levar a cabo ao longo do curso escolar.

Se o que realmente te apetece é unha sesión improvisada La Fábrica de Chocolate aposta un mércores máis polas jam session (21:30 h). Como de costume estará organizada polo quinteto ‘Llegaron los blues!’, composto por 5 membros de Phantom Club e que contan coa colaboración habitual de membros de bandas como Ying Hand Man, Pacífico ou Elodio y los seres queridos. O obxectivo: unir a todos os músicos alternativos da cidade, cada un co seu estilo. Entrada libre.

También te puede interesar