Comarcas Galicia

Para choquear, nada mellor que Redondela

Dixo hai ben pouco Ferrán Adriá que os mellores productos culinarios estaban en Galicia, con fartura de calidade, aínda que non o sabemos vender tan ben como se merece. Iso é o que vai facer Redondela toda esta fin de semana: vender mellor que nadie o bo que está o choco collido na ensenada de San Simón. Desde este mediodía, uns 5.000 quilos de chocos acabarán nos estómagos dos máis de 30.000 visitantes que chegarán na vixesimocuarta edición da Festa do Choco, unha das festas gastronómicas máis importantes de Galicia.

Con prezos entre os 5 e os 7 euros por ración, os padares máis esixentes poderán degustar choco capturado na ensenada de San Simón vivo na súa tinta, con arroz, en empanada, á prancha e en innovadores pratos que restaurantes como Arelas o Diago porán a disposición do visitante. Aínda que, para que enganarnos, o clásico é o que predomina. Este ano ademais encoméndanse ao Apóstolo para atraer a máis xente que en edicións anteriores. Ser final de percorrido nun dos tramos do Camiño Portuguéscren que axudará a subir as estatísticas cos peregrinos que poden achegarse ata alí. De momento, invitan a todo o mundo a dar unha volta por Redondela o vindeiro 8 e 9 de maio e choquear un intre.

E ademais de comer, festa: hoxe, a partires das 18:30 horas, haberá pasarrúas do grupo de gaitas Asubíos de Cedeira seguida de actuación no recinto dos stands. Ás 21:30 horas, verbena amenizada polas orquestras Anduriña e Grupo Alcotán. Mañá ás actividades comezan ás 10:15 horas cun pasarrúas a cardo da Banda de Música Municipal de Redondela e coa actuación ás 11 horas do grupo folklórico galego Nosa Terra de Mos. Ás 11:30 horas terá lugar o concurso de degustación de empanadas e ás 12 h abrirá a feira de artesanía.

O actor Xosé Manuel Conde será o encargado de dar o pregón ás 12:30 h desde o balcón do Concello e a partires das 13 horas outra vez a comer choco en todas as súas variedades cun concurso de degustación de pratos culinarios. Xa pola tarde máis música cunha verbena a cargo de Lamas e trío Nostalgias (18 h), cun concerto de música popular a cargo da banda de música municipal de Redondela (19 h) na residencia de peregrinos e entrega de diplomas en plena verbena aos gañadores dos concursos de degustación.

Non tes excusa!

También te puede interesar