Comarcas

Potenciar a catedral de Tui, primeiro obxectivo do novo bispo

Tras a toma de posesión do seu cargo o pasado 24 de abril, o novo bispo da diócese de Tui-Vigo, Luis Quinteiro Fiúza, tivo a súa primeira toma de contacto con parte do concello de Tui, entre eles o seu alcalde, Antonio F. Fernández Rocha. Un dos primeiros obxectivos do novo bispo será potenciar todo o relacionado coa catedral de Tui como primeiro templo da diócese promovendo tanto o culto como outros aspectos vinculados á igrexa.

Nun clima de cordialidae, o alcalde de Tui entregoulle ao bispo como agasallo de benvida unha imaxe de San Telmo e libros editados polo concello tudense sobre a figura do patrón de Tui e a súa diócese.

También te puede interesar