Deportes Vigo al minuto

O Balonmán Lavadores e o Seis de Nadal, en primeira

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, quixo felicitar aos clubes Unión Balonmán Lavadores e Magope Seis do Nadal polo seu ascenso á primeira categoría este pasado fin de semana nunha recepción no Concello de Vigo na que participaron os deportistas dos dous clubes e integrantes das súas directivas. Durante o acto, o edil nacionalista salientou o traballo que están a facer polo deporte de base e a importancia que ten que poida continuar no deporte de élite.

No acto agasallou aos presidentes dos clubs, Antón Piñeiro do Seis do Nadal, e Fernando Fernández do Unión Balonmán de Lavadores, con cadanseu exemplar da obra “Vigo cidade das ondas”, con textos do xornalista Eduardo Rolland e imaxes do fotográfo Javier Teniente.

También te puede interesar