Cultura Vigo al minuto

Visita ‘Mamá fame’ para que poidan encher a barriga

A sede da Diputación de Pontevedra en Vigo inaugurou hoxe a mostra ‘Mamá fame’, de ‘Acción contra el hambre’, que recolle fotografías de Marina Espriu, cooperante de Angola, nas que se mostran a través dunha serie de imaxes “a relación que miles de mulleres teñen a diario coa fame en África: elas teñen un papel esencial na loita contra a fame”.

Pero ademais da importancia do papel da muller na loita contra a fame, a exposición incorpora un panel explicativo que da conta do proxecto que leva a cabo a ONG en Angola coa financiación de Cooperación Galega da Xunta para mellorar o acceso á auga, ás infraestructuras de saneamento e as prácticas hixiénicas.

También te puede interesar