_agenda Agenda

Bótalle un ollo ao mundo que nos contempla

Fai falla moito tempor para chegar a ser novo porque soamente os ollos que son libres poden ver o que mirar. E iso só está en poder da mocidade, porque a partir de certa idade vemos o que miramos,  «que pode parecer o mesmo pero non é igual». Con esta filosofía chega Mingos Teixeira á Casa da Xuventude con ‘O mundo que nos contempla’, debuxo e pintura ata o 14 de maio.

Creador e educador plástico Teixeira cre que xulgar como ven o mundo os mozos e analizar as súas propostas pode axudarnos a todos a valorar máis axeitadamente o mundo en que vivimos. Mostrarnos as súas interpretacións, a súa innovación, o impulso a novas formas de expresión e un indubidable interese polo contorno é o que se propón nesta exposición dun grupo de mozos que intentan respostar á variedade de actitudes, concepcións e procedementos mediante obras realizadas con gran variedade de técnicas e con temáticas moi diferentes. Un grupo de futuros creadores aos que Teixeira ten a honra de orientar, aconsellar, compartir e aprender.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.