Comarcas Galicia

Redondela desborda imaxinación cos maios

A Coca tamén está moi presente na festa dos maios.
A Coca tamén está moi presente na festa dos maios.

Aínda que os tradicionais son cónicos e lembran a árbores máis ou menos estilizadas, en Redondela os que máis premios poden levar son os artísticos. ‘Os maios’ toman de novo esta fin de semana a vila para festexar a despedida do inverno, a floración das prantas e a aparición dos primeiros froitos. Unha celebración moi habitual por todo o sur de Galicia, Redondela é unha das zonas nos que teñen maior tradición.

Pode ter calqueira forma, desde unha casa, un pazo, un apeiro, un cruceiro, un peto de ánimas ou incluso unha coca. Mentres, a xente de vila canta coplas ou cantares que deben renovarse cada ano para cantar tan soamente unha vez e nos que debe predominar a crítica ás institucións públicas, aos partidos políticos ou ás persoas máis representativas da cidade.

É unha festa na que a diversión e o traballo manual van unidos. Unha tradición que vén da antigüidade, cando os devanceiros decatáronse da repetición cíclica que se produce todos os anos por estas datas, aínda que outras lendas din que foron celtas e íberos quenes a introduxeron tras a chegada dos romanos e o seu panteon con divinidades protectoras da vexetación e dos animais. En calquera caso, unha ocasión que non hai que deixar pasar.

También te puede interesar