RGPD - Cookies
Vigo al día

Os peóns vigueses estarán por riba dos coches

Paso cebraO concelleiro de Transporte, anunciou hoxe  que o seu departamento instalará 17 novos pasos de peóns elevados na cidade, cun investimento total de 184.000 euros provintes do «Plan Zapatero» deste ano.  Xulio Calviño explicou que o goberno local deu luz verde á adxudicación definitiva dos traballos de instalación dos pasos resaltados, que empregarán durante catro meses a catro traballadores.

Segundo explicou, un dos pasos disporase na rúa dos Canteiros (Matamá), dous en Pablo Iglesias -á altura do colexio e do parque- (Balaídos), catro máis en Navia -rúa San Paio alameda de Emilio Crespo Cano, Teixugueiras 11 e 26 e na rúa Porriño-, tres en Alcabre -Tomás Paredes, Avda Atlántida e Tomás Alonso-, outros catro no centro -Hispanidade, Manuel Olivié, Filipinas e Vía Norte- e tres máis no entorno de Cabral -Ramón Nieto 227 e 405 e Figueiras Praza da Feira-.

Calviño recordou que os orzamentos municipais de 2010, xa aprobados, contemplan un partida de 90.000 euros para instalar máis pasos de peóns elevados en Vigo. Os 17 que habilitaranse desde maio con cargo aos fondos do Goberno de España sumaranse aos 23 que xa están dispostos actualmente.

Esta medida mellora a sostibilidade urbana, fomenta un transporte menos contaminante e mellora a seguridade viaria dos peóns.

También te puede interesar