Destacados Vigo al minuto

Traballadoras da limpeza do CEIP de Panxón, encerradas na Xunta

O encerro durou pouco: foron recibidas pola xefa de Relacións Laborais da Xunta e xa convocaron unha reunión coa ‘superdelegada‘, Lucía Molares, probablemente para mañá. Traballadoras da limpeza do colexio de Panxón e representantes sindicales encerráronse hoxe na segunda pranta da Xunta para intentar buscar unha solución á súa situación laboral.

Seis traballadores (cinco mulleres e un home), todos entre 45 e 64 anos, están agora na rúa despois de 23 anos de traballo tras un cambio de contrata na limpeza do colexio que de repente a Xunta cancelou para aforrar cartos. O Goberno autonómico cambiou en xaneiro tras concurso a contrata de limpeza do centro escolar, que ata o momento viña desempeñando Limpezas Germania, aínda que co acordo de esta última estaría dous meses máis, ata a incorporación de Limpezas Linorsa, a nova concesionaria.

Nembargantes, en febreiro a Xunta «cambiou de parecer», decidiu non privatizar o servizo e rescindiron o contrato destes traballadores para ocupar o posto camareiras-traballadoras da propia Xunta. A CIG denuncia que moitas destas empregadas están a punto de xubilarse, que están nunha situación complicada por ser fixas discontinuas e que ao non ter os dous anos de paro terán que solicitar a axuda para maiores de 50 anos, o que «sairá máis caro á Xunta que deixalas ata que se xubilen, sobre todo tendo en conta que as traballadoras que agora ocupan o seu lugar tamén están a piques de pedir a xubilación«.

Mentres non acadan algunha solución, traballadoras e representantes sindicales manifestaránse todos os días diante da porta da delegación da Xunta dende as 11 horas para reivindicar os seus dereitos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.