Comarcas

Salvaterra pedirá á Xunta a posta en marcha do colector da marxe dereita do Miño

A depuradora de Salvaterra do Miño.
A depuradora de Salvaterra do Miño.

O concello de Salvaterra aprobou en pleno reclamar á Xunta e á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil a posta en marcha do colector da marxe dereita do río Miño no que consideran unha obra imprescindible, xa que a actual depuradora de Salvaterra non ten a capacidade necesaria para recoller o volume de augas residuais do municipio.

A posta en funcionamento do saneamento da cunca do río Tea aumentará considerablemente o volume de augas residuais que van á depuradora do contorno do parque da Canuda. E esta infraestrutura xa vén dando problemas de cheiros e vertidos dende hai meses, polo os grupos municipais consideran preciso executar o proxecto da depuración integral da marxe dereita.

Mentres, a depuradora de Guillarei xa está a funcionar e dar servizo ás parroquas situadas ao carón do río Caselas. Por iso agora piden que se poña en marcha a conexión das parroquias de Cabreira, Arantei e Porto a este colector, co obxectivo de garantir o correcto funcionamento da rede de saneamento da zona.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.