RGPD - Cookies
_agenda Agenda

Moita auga no paseo por Bembrive este domingo

O programa ‘Camiña e coñece’ regresa o vindeiro domingo 18 de abril e farao recorrendo Bembrive. Será nun percorrido de catro horas e duns 9 quilómetros con dificultade media que arrancará ás 09:30 horas desde a igrexa parroquial. Roupa e calzado cómodo será imprescindible para un percorrido pola etnografía da auga na que se visitarán lavadoiros, muiños e o río Eifonso e afluentes.

E algo para picar nalgunha das tres paradas que se farán: a primeira na igrexa, exemplo do románico vigués; a segunda nas casas da Fraga, un dos primeiros asentamentos da parroquia, e a última na área recreativa do Pouso.

Desde o comezo do programa en 2007 xa se desenvolveron 8 percorridos (Casco Vello, paseo do lagares, mámoas de Candeán, a ruta da costa desde Bouzas a Toralla, as Letras Galegas, Valadares, Zamáns e Saiáns). Para participar é imprescindible inscribirse. Para máis información chama ao 010.

También te puede interesar