Curiosidades Galicia

A Galega celebra o seu cuarto de século con concursos en Twitter

‘As grandes frases de dobraxe da galega’ e ‘Que está pasando nas aulas CeMIT’ serán os dous concursos nos que poderán participar a partires da vindeira semana todos os galegos para festexar os 25 anos de vida da Compañía de Radio Televisión de Galicia. Será a través de Twitter, onde estarán as bases de participación e a xente poderá participar en tempo real.

No primeiro certamen os concursantes terán que propor e votar as frases máis coñecidas e orixinais de todas as series e películas que se foron dobrando ao galego ao longo destes 25 anos. Mentres, o segundo servirá para dar a coñecer as actividades que se celebran nas distintas aulas da rede de centros para a modernización. Haberá tres gañadores en cada un que se levarán repdoructores Blu-ray, discos duros externos e videocámaras dixitais.

También te puede interesar