Vigo al minuto

Xa podes escoller qué semáforos queres

SemáfotoO concelleiro de Mobilidade e Transporte anunciou hoxe a disposición dunha enquisa para que a cidadanía viguesa poida decidir o modelo e a cor dos novos semáforos de Vigo (preme aquí para participar). Xulio Calviño presentou a “renovación integral” da rede semafórica municipal, que terá lugar de xeito progresivo e atendendo á vida útil dos actuais, con especial incidencia nos dous primeiros anos.

A instalación de calquera das seis opcións posibles terá “custe cero para o Concello“. A substitución das unidades gañará en seguridade vial e modernidade, xa que incorpora as leds, fibra óptica e detección a tempo real de averías cos “reguladores de última xeración“, para unha xestión integral dos datos en contacto permanente e on line coa sala de tráfico do Concello.

A enquisa cidadá terá unha duración aproximada de dúas semanas, coincidindo co tempo preciso para finalizar e instalar os novos semáforos experimentais con contador de tempo para peóns e cos novos avisadores acústicos para invidentes, segundo indicou Xulio Calviño.

Invidentes
O concelleiro anunciou asemade a instalación de novos avisadores acústicos para invidentes, que cambiarán os actuais sonidos por unha voz que identificará tamén a rúa ou praza pola que camíñase. Para iso, Calviño conta coa colaboración da ONCE, que disporá unha persoa para as grabacións.

As novas unidades para invidentes substituirán todas as actuais, seguindo a orde de prioridades da ONCE, e instalaranse -inicialmente e de modo experimental durante un mes- na Porta do Sol, na Gran Vía coa rúa Braille e en Praza de América coa Avenida de Castrelos.

Contadores
Dentro da renovación da rede, Calviño avanzou a instalación por un mes e en probas de contadores de segundos nos semáforos para peóns, que irán descontando o tempo que falta para que cambie a vermello, semellantes aos que xa se empregan en outras grandes cidades coma Lugo. O edil salientou que noutras cidades este sistema “está a funcionar ben”, polo que será probada a súa eficiencia para a seguridade.

Tamén con custe cero para o Concello, esta medida permite “pensar máis nos peóns” e disporanse experimentalmente dous na Avenida de Madrid, un en Policarpo Sanz coa Travesía do Príncipe, en Venezuela esquina Gran Vía, en Urzáiz coa República Argentina, e no cruce da Praza de América e a rúa Urzáiz.

También te puede interesar