Vigo al minuto

O 90% do Casco Vello estará reformado a finais deste ano

Casco Vello de Vigo/Tresyuno Comunicación900.000 €. Esa é a cantidade que investirá o Concello na mellora dos servizos públicos do Casco Vello, nunha nova fase das intervencións con cargo aos fondos do Plan E. As obras previstas levaranse a cabo tanto na parte alta do barrio como na súa parte baixa, segundo informou hoxe o tenente de alcalde.

O 2010 vai ser o ano no que poderemos visualizar que entre o 80% e o 90% o Casco Vello estará recuperado“, asegurou Santiago Domínguez quien salientou que se da resposta ás “demandas históricas da veciñanza“. As obras pasan pola mellora do abastecemento da rede de auga e do alcantarillado, así como na instalación dunha rede separativa de saneamento, a mellora do alumeado, instalación da rede de gas e a mellora do entramado viario.

Na zona baixa do Casco Vello as obras afectarán ás rúas Oliva e Real, así como a Praza da Pedra e ao contorno da Colexiata, cun total de 1.700 metros cadrados e un orzamento de 695.000 €. Ao respecto, Domínguez indicou que na maior parte da superficie “está previsto conservar o pavimento existente“. Na parte baixa, as actuacións serán na Subida ao Castelo e na súa extensión á rúa Hortas, cunha superficie de 460 metros cadrados e 184.000 € de orzamento. Respecto ao pavimento desta zona sinalou que será preciso substituirlo na súa maior parte, xa que está “bastante deteriorado“. Estas actuacións comezarán na primeira semana de maio e remataranse a finais de outono.

O tenente de alcalde engadiu que estas intervencións se completarán coas actuacións previstas no Plan E e nos orzamentos municipais, que se centrarán na mellora do alumeado, na orzamentación do barrio e na instalación do microbús, entre outras iniciativas, así como na recuperación das fachadas do Berbés.

Os coidadores de barrio, ate o 31 de maio

Sobre o futuro do programa de coidadores de barrio, Domínguez aclarou que se trata dun servizo que depende do Consorcio do Casco Vello e que foi impulsado por el mesmo cando era presidente desta entidade e que remata o 31 de maio, polo que é preciso saber que pensa facer a actual dirección do Consorcio ao respecto. “Si podo dicir que estamos traballando para buscar fórmulas que permitan manter o servizo”, salientou.

También te puede interesar