Vigo al minuto

O Concello inicia as obras de mellora dos xardíns de O Castro

 

O CastroO Concello de Vigo investirá 356.667 € no proxecto de “Protección e conservación do patrimonio histórico e paisaxístico dos xardíns do Castro”. Incluído dentro das inversións previstas no Plan E, a actuación mellorará o aceso rodado e peonil, co acondicionamento das sendas ou a mellora do aparcadoiro.

Ademáis destas actuacións, a Concellería de Limpeza, Parques e Xardíns prevé adicar a inversión á rehabilitación da pérgola existente, actualmente deteriorada, a impermeabilización do vaso do estanque “Los galeones de Rande”, a reconstrucción dun muro de mampostería para contención de terras, e a mellora do mobiliario urbano con mesas, bancos, barandillas de acero inoxidable ou carteis indicativos, entre outros.As obras incluídas no presente proxecto enmárcanse dentro dunha serie de actuacións de protección e conservación do patrimonio histórico e paisaxístico que se estan a levar a cabo no Concello de Vigo. Con elas se quere recuperar e mellorar este legado e dotar ao cidadán dunha maior superficie destinada ao disfrute dos xardíns do Castro, que co paso do tempo foron quedando deteriorados.

De xeito pormenorizado melloraráse a pavimentación da principal vía de conexión do parque, tanto a través do principal aceso rodado pola rúa Manuel Olivié, como a arteria de conexión de tránsito peoníl do parque, coma o Paseo de Rosalía de Castro. Tamén procederáse a acondicionar as sendas peonís existentes, adosadas nos marxes das vías anteriormente indicadas. Dotaráse dun axeitado sistema de drenaxe e recollida de augas pluviais, mediante unha cuneta triangular que recolla as augas de escorrentía.

Tamén se mellorará o aparcadoiro existente xunto ao paseo de Rosalía de Castro e próximo ao principal aceso rodado co que se pretende dar un maior servizo aos vehículos á entrada do parque para que os peóns poidan disfrutar das sendas e xardíns.Na zona alta, onde se atopan as zonas de lecer, realizaránse sendas para o tránsito dos peóns.

 

También te puede interesar