Vigo al minuto

As Illas Atlánticas mellorarán as súas condicións de accesibilidade

Estas melloras faranse en colaboración coa ONG Solidarios Anónimose con Carlos Mañas, prestixioso especialista en Marketing Social e experto na materia.

010410manualillasatlanticasO Parque Nacional Marítimo-Terrestre Illas Atlánticas, dependente da Consellería do Medio Rural, vai poñer en práctica e mellorar o Manual de Boas Prácticas e accesibilidade para a atención dos distintos colectivos con necesidades de integración social. Estas melloras faranse en colaboración coa ONG Solidarios Anónimos e con Carlos Mañas, prestixioso especialista en Marketing Social e experto na materia.

Este Manual de Boas Prácticas pretende ser unha ferramenta útil para xestionar, de xeito solidario, os recursos que dan vida aos parques nacionais e centros de interpretación da natureza en materia de accesibilidade básica e integración. É un instrumento de apoio e un punto de partida para a autoavaliación por parte dos recursos humanos de Parques Nacionales e destes centros de interpretación, orientado a mellorar os niveis de calidade nas prestación de servizos a persoas con diversidade funcional que asuman o rol de visitantes.

Utilidade

Quere ser útil para todo o persoal, sexa cal sexa a tarefa que realice ou o posto que ocupe no organigrama, sendo especialmente indicado para o persoal de atención ao visitante (en particular informadores, educadores ambientais e guías intérpretes), xa que nel atoparán unha serie de recomendacións prácticas de utilidade; accións que na meirande parte dos casos se reducen a un cambio de actitude/aptitude baseado no coñecemento, a empatía e a sensibilización. A posta en funcionamento deste manual, corrixido e mellorado, traerá consigo a correspondente formación e realización de prácticas polo persoal que traballa no Parque.

También te puede interesar