RGPD - Cookies
Galicia

O Concello recuperará as sendas de Pereiró

Se renovarán as sendas peonís, as entradas ao cemiterio, acondicionaranse os elementos vexetais e parterres, todo con cargo as fondos do Plan E. A obra estará rematada a finais de setembro deste ano

PereiróO proxecto «Protección e Conservación do Patrimonio Histórico e Paisaxístico dos Xardíns de Pereiró» conta cun orzamento de 289.189 € con cargo ao Plan E. As previsións apuntan ao mes de maio para o inicio das obras e ao mes de setembro para o final da execución.

Para realizar as reparacións citadas procederáse a renovar as sendas peonís con extensión de xabre e mellorar a capa de rodadura das sendas que conducen ata a entrada do cemiterio. Ademáis, segundo os datos recollidos do proxecto, aproveitarase a actuación para acondicionar os elementos vexetais e os parterres. A obra dará emprego a cinco persoas a xornada completa durante os catro meses que duran as actuacións.

También te puede interesar