Vigo al minuto

A rúa do Cristo xa non é un calvario para os veciños

Inauguración/Tresyuno ComunicaciónO alcalde inaugurou hoxe a recén rematada humanización da rúa Cristo, no Calvario que, segundo dixo, deu emprego a 21 persoas e supuxo 800.000 € de investimento.

«Seguimos no proceso de humanización, de transformación da cidade de Vigo», asegurou o alcalde en comparecencia de prensa posterior, onde detallou que a actuación efectuada contemplou a renovación das redes soterradas de abastecemento e saneamento, ademais da instalación de beirarrúas de granito.

Caballero afirmou que Cristo era «unha rúa que formaba parte da marxinalidade de Vigo ata o de agora«, segundo lle comentou unha veciña do Calvario, quen lle asegurou que levaban «40 anos» agardando por unha mellora destas características na rúa.

Xunto ás beirarrúas de granito e a renovación do pavimento e das conduccións soterradas, o rexedor vigués salientou os case 15 novos árbores presentes, as xardineiras colgantes das luminarias, os novos puntos de luz, bancos e a nova docena de papeleiras instaladas. O total da actuación extendeuse polos case 300 metros de lonxitude da rúa.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.