_agenda Agenda

A historia de Galicia a través dos ollos de Fulano, Mengano e Citano

A compañía de teatro Fulano, Mengano e Citano presentan esta tarde a partir das 20.00 horas no Multiusos da Xunqueira a súa obra ‘Nunca menos’, incluída na programación de ‘Teatrarte 2010’ posta en marcha pola concellería de Cultura do Concello de Redondela.

Protagonizada por Manuel Pombal, Manuel Botana e Suso Pando, ‘Nunca menos’ fai un percorrido en clave de humor ácido a través da historia de Galicia. Lévanos por todos eses períodos de luz e de sombras, as veces de apagón total, que fixeron de galegos o que hoxe son e  unha viaxe de ida e volta ao alucinante pasado de Galicia do que os libros de historia de España nunca nos quixeron falar.

Trátase dun paseo polas orixes, costumes e tradicións desta terra de bispos e reis, nobres e servos, heroes e traidores situada entre a fin do mundo e o norte de Portugal. ‘Nunca menos’ móstranos uns personaxes na procura da súa identidade. A diferenza está en que desta vez… «por fin é certo!».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.