Vigo al minuto

A Universidade de Vigo, Medalla de Oro da Cidade

Os galardonados na Gala da Reconquista.
Os galardonados na Gala da Reconquista.

Por ter recollido a esencia desta cidade e cultivala para que medre con máis forza, a Universidade de Vigo é claramente merecedora da máxima distinción que pode outorgar esta cidade. Con estas palabras xustificou no seu discurso o alcalde de Vigo, Abel Caballero, a entrega da Medalla de Ouro da Cidade á institución académica na Gala da Reconquista celebrada hoxe na Zona Franca. Tanto o alcalde de Vigo como o cronista oficial da cidade, Lalo Vázquez Gil, puxeron de manifesto nas súas intervencións os méritos dunha Universidade que “destaca polo seu rigor educativo, calidade docente e investigadora e polos vínculos que mantén co tecido empresarial e social”.

O reitor Alberto Gago agradeceu “a honra que supón ternos distinguido coa Medalla de Ouro desta cidade” que considerou convoca á institución a retos de futuro como o Campus do Mar, así como nas tecnoloxías da información ou en temas enerxéticos, bio-sanitarios ou de enxeñaría industrial.

Xunto á Universidade de Vigo, sete persoas e entidades dos ámbitos da cultura, empresarial, da muller e da educación, recibiron o galardón de Vigueses Distinguidos 2010: Aurelio Pérez, empresario ex director do RC Celta; a Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo; a asociación de mulleres Diálogos 90; Escolas Ramón Nieto; Fogar e Clínica San Rafael; a Sociedade Cultural, Deportiva e Recreativa Helios de Bembrive e o músico Teo Cardalda.

Eloxios á Universidade

O rector da Universidade de Vigo, Alberto Gago.
O rector da Universidade de Vigo, Alberto Gago.

No ano no que Vigo cumpre 200 anos como cidade e a Universidade vinte de existencia, na gaña gabouse os logros da institución académica na que “a especialización pon á Vigo e á cidadanía viguesa e galega no camiño que ven percorrendo esta cidade durante dous séculos: o camiño da excelencia, a innovación e o emprendemento”. Consolidada no panorama académico e investigador, Vigo conta con titulados en ramas de investigación, tecnoloxías e innovación preparados para competir en todo o mundo.

A entidade pasou en 20 anos de ser un colexio universitario, con apenas un centro de docentes, a unha Universidade con 2.500 traballadores, 1.300 doutores, 22.000 estudantes e unha rede moderna e ben dotada de 30 centros docentes e de investigación. Gago referiuse ao proxecto de Campus do Mar que asegurou identifica esa vontade de agrupamento, cooperación e proximidade ás iniciativas do ámbito de influencia da Universidade. Pero non é a única oportunidade: a rede de nanosatélites que a Axencia Espacial Europea acaba de asignar á Universidade ou a Axencia Estatal de Radiocomunicacións que non debera escaparse de Galicia e desta cidade.

También te puede interesar