Comarcas Galicia

O BNG denuncia o retraso na apertura do novo Centro de Día de Mondariz

MondarizO Bloque Nacionalista Galego ven de denunciar o retraso na apertura do Centro de Día de Mondariz, logo de ter acabadas as obras tras un orzamento total de 1.131.000 €. Segundo explica nunha nota difundida hoxe, o Centro de Día, que foi ideado para dar servizo a un total de 40 prazas, segue pechado “sen que o novo xerente do Consorcio Galego de Benestar e o alcalde sexan quen de informar cando se vai poñer en servizo este equipamento, nin sequera qué sistema de selección de persoal se utilizará para poñelo en marcha.

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Roberto Rodríguez, afirmou que a nova Xunta»pretende ceder a empresas privadas a atención de usuarios dos novos 14 centros de día espallados por todo o país, entre eles, segundo o BNG, o de Mondariz. Os nacionalistas creen que a intención da Xunta de Galicia e do Concello é acometer unha privatización duns servizos públicos de atención aos maiores e persoas dependentes que o goberno galego anterior deixara comprometidos como servizos públicos e de calidade.

O BNG esixe un sistema de xestión cen por cen público para o Centro de Día, así como a súa posta en servizo inmediata para dar satisfacción á importante demanda existente en Mondariz”, afirmou o portavoz municipal dos nacionalistas Xoán Carlos Montes Bugarín.Non imos consentir que o alcalde manteña pechado o edificio a cal e canto por incapacidade de xestión política ou por interese partidista sobre a base dun cálculo electoral que ignore ou poña nun segundo plano ás ducias de veciños e veciñas do noso concello que necesitan urxentemente este servizo básico” remachou.

 

 

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.