Comarcas Cultura

Máis de 7.000 persoas déronlle ao ‘play’ en Tui

play-doc-premiosA ritmo da banda de jazz 2us, o Play-Doc‘ de Tui puxo punto e final a unha das edicións máis numerosas do festival, pola que pasaron máis de 7.000 espectadores para disfrutar de bo cine, curtas e documentais polo Teatro Municipal da localidade tudense. Nesta ocasión, o primeiro premio de Documental Galego recaeu en ‘Tanyaradzwa’, de Alberte Pagán, gañador tamén hai dous anos con ‘BS.AS’ e que non puidera recoller o premio por estar rodando o filme gañador desta sexta edición.

‘The Darkness of day’, do norteamericano Jay Rosenblatt, acadou o premio á mellor curtametraxe. E, na categoría reina, a de mellor largometraxe, o galardón recaeu en ‘Sweetgrass’, de Ilisa Barbash, premio ex aequo con ‘Sanya e Pardal’, de Andrey Gryazev.

Deste xeito termina case unha semana de bo cine e bos concertos na localidades tudense.

También te puede interesar