_agenda Agenda

Consumir a ritmo de música en Redondela

Un espectáculo musical de Comedia dell’Arte sobre a sociedade de consumo contemporánea para facer reflexionar a todos os públicos sobre a forma en como estamos a vivir na actualidade, abusando dos nosos recursos naturais.

A compañía Elefante elegante chega esta tarde (20 h) ao Multiusos da Xunqueira de Redondela con a obra ‘O forno’, aprazada hai tres semanas por mor da alerta vermella decretada pola chegada da tormenta Xynthia. Dentro do programa Teatrarte, a obra está dirixida por María Torres e Gonçalo Guerreiro.

O eixo centra é a aldea de Flordelis, onde todo transcurre con harmonía. Os habitantes do pobo reúnense ao redor do forno para amasar e cocer un gran pan que será despois compartido por todos. Mais un día, Madame Lisette, a comerciante do pobo, decide facer pan só para ela e botarlle azucre. A reacción vai en cadea e as consecuencias son catastróficamente divertidas.

Xa podes conseguir a túa entrada a 4 euros ou á metade de prezo se eres xubilado ou estudante.

También te puede interesar