Os 46 días que estiveron protestando diante do hipermercado deron os seus froitos. Segundo informa a CIG, os 12 empregados do servizo de limpeza de Alcampo Coia, despedidos hai un mes e medio, foron readmitidos hoxe. A situación empeza o devandito día cando Alcampo adjudica a limpeza á empresa Amil Lago, Centro especial emprego, e despide a todo o persoal da que tiña sido contratado ate ese intre por Tecliman, “para aforrarse 90 mil euros nun ano“.
Deste xeito, segundo a CIG, facíase un dobre dano: deixar sen traballo a personas que levaban 25 anos ligadas á firma e que quedaban en situación de difícil recolocación e incumplir o convenio colectivo no que atinxe a súa claúsula de subrogación.
Logo de “duras negociacións” os representantes sindicais conqueriron que Alcampo retomara a situación, contratando a empresa ISS e subrogando a todos o persoal para comezar a traballar o luns 22. Este logro foi calificado polos representantes sindicais de triple éxito, “xa que se aplicou o convenio colectivo de limpeza; adxidicouse o traballo a unha empresa do sector e, o máis importante, aprobouse a readmisión inmediata dos empregados”.