_agenda Agenda

O Casco Vello invítate a un café de balde

libertariasA Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos propón unha tarde de cine e café de balde no Centro Cívico do Casco Vello. O videofórum, que comezará ás 18 horas, conta coa proxección de ‘Libertarias’, un filme de Vicente Aranda, unha historia centrada nos primeiros días da Guerra Civil Española.

Unha monxa fuxe do convento e, na huida, coñece a un grupo de milicianas anarquistas da organización feminista do movemento libertario español chamado ‘Mujeres libres’. Ela acompañaraas ao fronte do Ebro, un sangrento campo de batalla onde vivirá os rigores da guerra e da revolución social española de 1936.

Tras 20 anos de planificación, ‘Libertarias’ é considerada como a película épica máis espectacular de todos os tempos, cun reparto feminino de luxo: Ariadna Gil, Ana Belén, Victoria Abril, Loles León… e con Miguel Bosé como contrapunto masculino. Todo baixo un realismo moi propio de Aranda no que o que se recrean son detalles físicos do conflicto e os ideais políticos derrotados.

También te puede interesar